19 de Mayo de 2012
Colegio Manuel Peleteiro
Recursos y Tareas
Premios Literarios Minerva
Inicio >  Otras Actividades >  Premios Literarios Minerva



Corría o ano 1963 cando o Colexio M. Peleteiro, daquela chamado Minerva, decidiu acoller con entusiasmo unha proposta do profesor Abuin de Tembra a prol da lingua e da cultura galegas: un certame literario para estudiantes de ensino medio de toda Galicia: os Xogos Florais minerva, celebrados co ornato e a estética propias da época, coa Raíña dos Xogos e o marco do Hostal dos Reis Católicos incluidos. Cómpre salientar a coincidencia coa celebración por primeira vez do Día das Letras Galegas -hoxe institucionalizado no noso país- como unha necesidade de reivindicar algo tan necesario como a propia lingua.

Este certame foi apadriñado na súa primeira edición por Álvaro Cunqueiro, que abriu así unha longa relación de xurados e mantedores de prestixio (Carballo Calero, Carlos Casares, Víctor Freixanes, Neira Vilas, Luz Pozo...) que validaron a calidade da obra presentada por rapaces galegos da máix variada procecencia e que co tempo se habían revelar como sobranceiros escritores e intelectuais. A andaina posterior destes autores demostrou a súa calidade e veu confirmar ó Certame Literario Minerva -así se chamou despois de unha paréntese entre os anos 75 e 84- coma o máis importante viveiro de escritores na segunda mitade do século XX. Os propios autores reconñeceron en moitos casos a gran importancia que tivo nos seus comenzos o seren premiados neste Certame, que lles serviu de canle de expresión para as súas inquedanzas éticas e estéticas.

É unha honra para o Colexio ver que co paso do tempo algúns dos premiados nas primeiras edicións -Darío X. Cabana, Xesús Rábade, Lois Diéguez, Ánxeles Penas, Fernando Ónega...- contribúen ó prestixio destes Premios Literarios Minerva como xurados ou mantedores, ademáis de que algúns deles saíron das propias aulas do Colexio Peleteiro, como Suso de Toro, Xavier Queipo ou X. A. Neira Cruz.

Desde 1990 o Colexio M. Peleteiro ven publicando anualmente nun libro a obra premiada en cada edición do Certame. Dado o seu interese cultural e literario, desde o ano 2001 estes libros son coeditados e distribuidos en toda Galicia pola editorial Galaxia.















© Copyright 2007 Colegio Manuel Peleteiro | Aviso legal | Favoritos | Mapa web
Creación Windsock