El Colegio

Actualidad

Actualidad

04/03/2016

Fallo dos XLIV Premios Literarios

Acta do xurado dos XLIV Premios Literarios Minerva 2106
 O xoves día 3 de marzo, reuniuse o xurado encargado de fallar os Premios Literarios Minerva na súa XLIV edición, presidido por D. Manuel Quintáns Suárez e D. Luís Alonso Girgado nas modalidades de narración e poesía respectivamente, segundo se fai constar na folla adxunta.
Entre un total de 178 traballos presentados, 121 na modalidade de narración e 57 na de poesía, resultaron finalistas 33 narracións e 19 triloxías poéticas. Desta obra o xurado acordou outorgar os seguintes premios: 
MODALIDADE DE NARRACIÓN 
1º Premio, de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do Certame, a Amaia Tomé, de 16 anos, alumna de 1º de Bacharelato do IES Francisco Aguiar de Betanzos, polo seu relato Clare e outras illas. 
2º Premio, de 400 euros e medalla de prata conmemorativa, a Cecilia Fidalgo Castromil, de 15 anos, alumna de 4º de ESO do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, pola súa obra O expreso a Madrid. 
3º Premio, de 250 euros e medalla de prata conmemorativa, a Iago González García, de 16 anos, alumno de 1º de Bacharelato do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, pola súa narración titulada Non ad vitam aeternam.
 O Xurado acordou outorgar:
 Accésits: 
1º Accésit a Alba Pérez Barcala, de 15 anos, alumna de 4º de ESO do IES de Cacheiras, polo seu traballo Tres ou catro globos máis. 
2º Accésit a Laura Regueiro Romero, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, polo seu traballo Unha revolución persoal. 
3º Accésit a Ángela Lamas Gómez, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do Colexio Os Sauces de Pontevedra, polo seu traballo O andén do sen(ti)r. 
MODALIDADE DE POESÍA 
1º Premio, de 600 euros e medalla de prata conmemorativa deste certame literario, a Iago González García, de 16 anos, alumno de 1º de Bacharelato no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, pola súa triloxía Cosmogonía.
2º Premio, de 400 euros e medalla de prata conmemorativa, a Inés Outumuro Rodríguez, que cursa 1º de Bacharelato no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, polo seu poemario titulado Orixe. 
3º Premio, de 250 euros e medalla de prata, a Tamara Fernández Labrada, de 16 anos, estudante de 1º de Bacharelato no IES da Terra Chá, José Trapero Pardo, de Castro de Rei, polo seu traballo Non deixedes que vos miren o móbil. 
O Xurado acordou outorgar os seguintes Accésits:
1º Accésit, a Laura Regueiro Romero, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, pola súa obra Antoloxía inmigrante.
2º Accésit, a Nuria Fernández Robledo, estudante de 1º de Bacharelato do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, pola súa triloxía presentada baixo o título de Migración á orixe. 
3º Accésit, a Laura Dauzón Otero, de 17 anos, estudante de 2º de Bacharelato no IES Ribeira do Louro do Porriño, pola súa triloxía Trátase de poesía. 
Como resultado do debate que deu lugar á elección dos premios e dos finalistas, o xurado de poesía tivo ocasión de comprobar que os poemas premiados son dunha extraordinaria calidade o que parece garantir o futuro da poesía galega. Sorprende, tamén, a cultura poética dos premiados dada a súa mocidade. Pola súa banda na modalidade de narración o xurado estimou positivamente a notábel calidade e grande variedade tanto nas temáticas coma no estilo dos relatos. Igualmente, o xurado considera de xeito positivo a representatividade das moi diversas liñas creativas entre as obras narrativas presentadas a concurso, que abren un futuro esperanzador para as nosas letras. Agardamos que, como xa vén sendo habitual, moitos destes autores sexan recoñecidos, nun futuro próximo, no panorama literario galego, sumándose á ampla relación de autores hoxe consagrados que comezaron a súa traxectoria literaria nos Premios Minerva: Xesús Rábade, Darío X. Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Ánxeles Penas, Rei Ballesteros, Olga Novo, Rafa Villar, Roque Cameselle, Lucía Aldao ou Berta Dávila. O acto literario de entrega de premios terá lugar o vindeiro mércores 6 de abril, ás 17:00 h, no salón de actos do Colexio M. Peleteiro. Nel actuará como mantedor o escritor D. Xosé Ramón Pena. Neste acto, os autores premiados lerán unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá integramente os traballos, tal como se vén facendo nos últimos anos, e que será editado polo Colexio M. Peleteiro. Santiago, marzo – 
2016 XURADO DA XLIV EDICIÓN DOS PREMIOS LITERARIOS MINERVA 
Modalidade de POESÍA: 
Presidente: Luís Alonso Girgado, crítico literario e investigador do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades.
Vocais: Luís Valle Regueiro Poeta. Diana Varela Puñal, poeta e narradora. Eduard Velasco, poeta e tradutor. Mon Buhigas, poeta e profesor do Colexio M. Peleteiro. 
Modalidade de NARRACIÓN: 
Presidente: Manuel Quintáns Suárez,  escritor e crítico literario.
Vocais: Armando Requeixo Cuba, crítico literario e Secretario Científico do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades. Ánxela Gracián Narradora, poeta e tradutora. Xurxo Martínez González Crítico, investigador e poeta. Alberto Muñiz Pascual, profesor do Colexio M. Peleteiro.
Secretaria do Certame: Teresa González da Silva, profesora do Colexio M. Peleteiro.
 ACTO LITERARIO DE ENTREGA DE PREMIOS - Mércores, 6 de abril de 2016 - 17:00 h. - Lugar: Colexio M. Peleteiro