El Colegio

Actualidad

Actualidad

11/04/2015

Cerimonia de entrega dos XLIII Premios Literarios Minerva

As letras galegas poden ficar tranquilas. Nesta festa adicada á literatura da nosa terra, e na nosa lingua, quedou ben claro que as novas xeracións non se limitan a escribir mensaxes de 140 caracteres nas redes sociais. Especialmente elas, non hai dúbida de que esta edición escribiuse en feminino, nove dos doce de premios concedidos caeron en mans de mozas. Como non podía ser doutra forma ocupouse de manter o acto outra muller, Marina Mayoral. A escritora e articulista galega fixo fincapé na necesidade da literatura de calidade neste días, animou ós premiados a tomar este premio coma un primer paso máis que coma unha meta e subraiou a necesidade de traballar duro para labrarse unha carreira neste mundo.



O pasado xoves día 12 de marzo o xurado acordou outorgar os seguintes premios:

MODALIDADE DE NARRACIÓN

1o Premio, de 750 euros e medalla de prata conmemorativa do Certame, a Lúa Álvarez Domínguez, de 18 anos, alumna de 2o de Bacharelato do IES Val Miñor de Nigrán, polo seu relato Panta Rei.
2o Premio, de 450 euros e medalla de prata conmemorativa, a Antía Iglesias Fernández, de 17 anos, alumna de 2o de Bacharelato do IES Auga da Laxe de Gondomar, pola súa obra Con pólvora pero sen magnolias.
3o Premio, de 300 euros e medalla de prata conmemorativa, a León Fernández Cameselle, de 17 anos, alumno de 2o de Bacharelato do IES Os Rosais II de Vigo, pola súa narración titulada A Fórmula.

O Xurado acordou outorgar os seguintes accésits:

1o Accésit a Afra Martínez Torrado, de 17 anos, alumna de 2o de Bacharelato do IES Miguel Ángel González Estévez de Carril, polo seu traballo A danza da mosca.
2o Accésit a Ana Ma Añel Prieto, de 17 anos, alumna de 2o de Bacharelato do IES Xesús Taboada Chivite de Verín, polo seu traballo Memorias a ritmo de Gardel.
3o Accésit a Marisol Mejuto Prego, de 16 anos, alumna de 1o de Bacharelato do CPR Plurilingüe Maristas Cristo Rey da Coruña, polo seu traballo Nin “julio” nin Julieta.

MODALIDADE DE POESÍA

1o Premio, de 750 euros e medalla de prata conmemorativa deste certame literario, a Paula Antía Rey Baliña, de 17 anos, alumna de 2o de Bacharelato no IES Macías O Namorado de Padrón, pola súa triloxía Abecedarios da devastación.
2o Premio, de 450 euros e medalla de prata conmemorativa, a Manuel Daporta Cendán, de 17 anos, que cursa 2o de Bacharelato do Colexio San Xosé de Lugo, polo seu poemario titulado As letras prohibidas.
3o Premio, de 300 euros e medalla de prata, a Sara Martínez García, de 17 anos, estudante de 2o de Bacharelato no IES Vilalonga de Sanxenxo, polo seu traballo Pecados de segunda man.

O Xurado acordou outorgar os seguintes accésits:

1o Accésit, a Marcela Porto Mato, de 17 anos, alumna de 2o de Bacharelato do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, pola súa obra Planimetría do viandante.
2o Accésit, a Xoel Geada Geada, de 17 anos, estudante de 2o de Bacharelato do IES Perdouro de Burela, pola súa triloxía presentada baixo o título de Fomos ficando sós.
3o Accésit, a Fátima Barros Monteagudo, de 15 anos, estudante de 4o de ESO do CPI Santa Lucía de Moraña, pola súa triloxía Un berro de inverno.

Como resultado do debate que deu lugar á elección dos premios e dos finalistas, o xurado de poesía tivo ocasión de comprobar que os poemas premiados son dunha extraordinaria calidade o que parece garantir o futuro da poesía galega. Sorprende, tamén, a cultura poética dos premiados dada a súa mocidade.