El Colegio

Actualidad

Actualidad

26/04/2014

Fallo do xurado da 42 Edición dos Premios Literarios Minervas

  Este xoves 24 de abril reuniuse o xurado da XLII edición dos Premios Literarios Minerva, presidido por D. Manuel Quintáns Suárez e D. Luís Alonso Girgado nas modalidades de narración e poesía respectivamente. Os tres premios de cada modalidade están dotados con 600, 400 e 250 € respectivamente, coa posibilidade de nomear varios accésit en cada categoría. Este ano presentáronse 182 traballos, 117 na modalidad de narración e 65 triloxías na de poesía.


 O xurado acordou que os traballos seleccionados fosen:

MODALIDADE DE NARRACIÓN

1º Premio, de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do Certame, a Ana María Añel Prieto, de 16 anos, alumna de 1º de Bacharelato do IES Xesús Taboada Chivite de Verín, polo seu relato “O Segredo”.
2º Premio, de 400 euros e medalla de prata conmemorativa, a Alba Sofía Naseiro Lamas, de 18 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Basanta Silva de Vilalba, pola súa obra “Literatura”.
3º Premio, de 250 euros e medalla de prata conmemorativa, a Sara Vázquez Mera, de 18 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Val do Tea de Ponteareas, pola súa narración titulada “Xantofila”.
           O Xurado acordou outorgar os seguintes Accésits:
1º Accésit a Icía Rodriguez Arias, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Francisco Aguiar de Betanzos, polo seu traballo “Xadrez”.
2º Accésit a Pablo Fernández Álvarez, de 17 anos, alumno de 2º de Bacharelato do IES Auga da Laxe de Gondomar, polo seu traballo “Ninguén vive para sempre pero iso non é motivo para renderse”.
3º Accésit a Marina Ruíz Puy, de 16 anos, alumna de 4º de ESO do Colexio M. Peleteiro de Santiago, polo seu traballo “Memorias dun morto”.

MODALIDADE DE POESÍA
1º Premio, de 600 euros e medalla de prata  conmemorativa deste certame literario, a Antón Blanco Casás, de 18 anos, alumno de 2º de Bacharelato no IES Miguel Ángel González Estévez de Carril, pola súa triloxía “A danza dos xacentes”.
2º Premio, de 400 euros e medalla de prata conmemorativa, a Paula Antía Rey Baliña, de 17 anos, que cursa 1º de Bacharelato do IES Macías o Namorado de Padrón, polo seu poemario titulado “Oi pnéontes: os que respiran”.
3º Premio, de 250 euros e medalla de prata, a Kai Lois Baltrusch Montero, de 17 anos, estudante de 2º de Bacharelato no Colexio M. Pelterio de Santiago, polo seu traballo “Instantáneas”.
            O Xurado acordou outorgar os seguintes Accésits:
1º Accésit, a Alexandre Fernández Peón, de 17 anos, alumno de 2º de Bacharelato do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, pola súa obra “Nocturno”.
2º Accésit, a María Vilas Pazos, de 17 anos, estudante de 2º de Bacharelato do IES Macías o Namorado de Padrón, pola súa triloxía  presentada baixo o título de “O indómito do que non vibra”.
3º Accésit, a Santiago Alonso Pérez, de 17 anos, estudante de 2º de Bacharelato do IES Monelos de A Coruña, pola súa triloxía “No campo triunfal dos mortos”.

Este ano o xurado estivo formado por:
Modalidade de POESÍA:
Presidente:
           	Luís Alonso Girgado          
                              Secretario do Centro de Estudios "Ramón Piñeiro"
                 Profesor e Crítico Literario.
Vocais:
		Mario Regueira
                 Poeta, narrador, investigador e crítico literario.
	        Berta Dávila
                 Poeta e narradora.
	        Xiana Arias
                 Poeta e xornalista no “Diario Cultural” da Radio Galega.
	        Francisco Mateo
                 Profesor de Lingua e Literatura do Colexio M. Peleteiro.

Modalidade de NARRACIÓN:
Presidente:	
                 Manuel Quintáns Suárez
                  Escritor e Crítico Literario.
Vocais:	
        	Armando Requeixo Cuba
                 Profesor e Crítico Literario.
	        Inmaculada Otero Varela
	         Profesora e Crítica Literario.
	        Amancio Liñares Giraut
                 Profesor, investigador e vicedirector do
                 IES Xulián Magariños de Negreira.
	        Josefa Lourido
                 Profesora de Lingua e Literatura do Colexio M. Peleteiro.

Secretaria do Certame:
                Teresa González da Silva
                 Profesora do Colexio M. Peleteiro.

Noraboa aos premiados, sorte na próxima edición aos que participaron pero non acadaron un premio e ánimo aos que non presentaron traballos para facelo o próximo ano!